
Segun Castelao, os galegos emigraron forzados pola situación económica e por que non se conformaban con seguir sempre o mesmo; querían mellorar e sobráballes vontade para facelo.
Neste ano cumplense cen do inicio masivo de emigracion galega, inicialmente a America e finalmente a Europa. Descontando o periodo de guerras, mundiais e civil, emigraron case tantos galegos coma habitantes temos hoxe na terra de Breogan. Unha diaspora que non para.
Chega un periodo de eleccions e todos os politicos de cores variadas van facer viaxes a america, a captar os votos da emigracion. E eu sinto que como o panorama sexa como o que temos agora non teremos que esperar moito ao dia en que o Pazo de Raxoi sexa trasladado a calquera pais donde os galegos sexan unha maioria minoritaria, e galicia un deserto verde e azul cheo de aldeas baleiras e nomes esquecidos... Sera que estou abraiado por onda electoral...